Acusan ao PP de Touro de dilapidar máis de 10.000€ no último ano “en xuntas de goberno innecesarias”

O PSdeG-PSOE de Touro critica ao Concello de «dilapidar» máis de 10.000 € de diñeiro público no último ano en celebrar Xuntas de Goberno innecesarias

O PSdeG-PSOE de Touro acusa ao equipo de goberno de Ignacio Codesido (PP) de «dilapidar diñeiro público, a pesar da crise» na celebración de Xuntas de Goberno innecesarias e sen xustificación e criterio algún.

A voceira do Gemma V. López adiantou que desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE xa solicitaron ao principio de lexislatura ao alcalde, «que reducise o número de Xuntas de Goberno de tres a unha mensual xa que suporía un aforro nas arcas municipais duns 10.000 ao ano pero negouse» .

«Non podemos permitir que sigan dilapidando o diñeiro público de todos os veciños en ‘soldos encubertos’ para as concelleiras e concelleiros que non teñen adicación» sinalou López.

Para a voceira municipal, «é bochornoso e inadmisible que coa grave situación que están a vivir centos de familias da localidade que apenas chegan a fin de mes, polos prezos da gasolina, a electricidade e a cesta da compra o PP de Touro continúa usando o diñeiro de todos no seu propio beneficio».

«O PP non coñece outra forma de xestionar que non sexa a de malgastar o diñeiro público é levalo para as súas casas e para a dos seus simpatizantes» afirma a edil.
As e os Socialistas aseguran que Touro se atopa «ante o final dun ciclo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.