Ana Miranda lamenta que PP e PSOE non asuman as súas “responsabilidades políticas” no accidente do Alvia

“A gran diferenza entre PP-PSOE e BNG é que mentres os primeiros tratan de ocultar a realidade nós traballamos para que haxa verdade e xustiza”

“Hoxe é un día de acompañar ás vítimas do accidente do Alvia, e no BNG levamos 9 anos ao seu carón”, subliñou a eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, ao inicio do xuízo do sinistro –que se desenvolverá nos vindeiros meses na Cidade da Cultura de Santiago, onde se trasladou xunto a portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín. Ambas destacaron que o acompañamento neste longo proceso non só se refire á solidariedade coa dor das vítimas, senón coas súas reivindicacións, posto que “levan todo este tempo pedindo ser escoitadas, pedindo xustiza e pedindo unha investigación independente”. “Hoxe tamén é un día para salientar a diferencia que existe entre PP-PSOE e BNG: nós estamos aquí ao carón das vítimas mentres PP e PSOE non só non estiveron acompañándoas, senón que estiveron tapando a verdade e impedindo desde os seus gobernos que houbera unha investigación independente”, manifestou Miranda en referencia a carta feita pública a pasada semana na que a exministra popular Ana Pastor manobrou para que a Comisión Europea dilatase a publicación do seu informe crítico coa actuación do Estado español.

Así, a eurodeputada nacionalista lamentou que no xuízo non compareza ningún dos ministros responsables, José Blanco e Ana Pastor, xa que ao seu xuízo eles eran responsables do accidente, en tanto que máximos responsables de cumprir a normativa de seguridade ferroviaria. “E 9 anos despois non temos o cumprimento da normativa europea que impediría un accidente desas características, xa que o Estado español sigue incumprindo esa normativa europea de seguridade ferroviaria e ten un procedemento de infracción aberto por esa falta de cumprimento”, explicou Miranda.

Neste sentido, lembrou que o informe da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) “di alto e claro que o accidente non foi só un problema do maquinista, senón que hai causas profundas e estruturais, como a falta de seguridade ferroviaria”.

Novo encontro coa comisaria de Transporte da UE

Precisamente para coñecer se desde xullo existen avances no cumprimento do procedemento de infracción aberto pola Comisión Europea contra España en 2019, Ana Miranda avanzou que xa solicitou unha reunión coa Comisaria de Transportes e Mobilidade da UE, Adina Valean. O obxectivo é coñecer os resultados da auditoría anunciada en xullo polo director Xeral de Mobilidade, Kristian Schmidt, quen nun encontro cunha delegación das vítimas e a propia Miranda, sinalara a intención de poñer en marcha unha investigación para coñecer o grao de cumprimento dese procedemento de infracción aberto pola Comisión Europea contra o Estado español por incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria a raíz da denuncia presentada polo BNG.

“Até hoxe agardamos pacientemente os resultados da auditoría que nos anunciou o director xeral de Mobilidade nesa reunión, pero pensamos que é hora de presionar para que dean a coñecer os resultados desa investigación”, salientou a eurodeputada nacionalista, quen destacou que “desde o Bloque temos dous obxectivos claros: prestar todo o apoio ás vítimas e traballar para que un accidente tan grave non se volva repetir”.

2 comentarios

  • JULIO ASOREY

    Sra.Miranda, bien hecho! .No soy afectado de ningun modo y creo que los afectados se lo agradecerán.Ciertamente
    en España los Políticos suelen tener estas cosas y estaría muy bien, que los jueces tomasen nota!.

    La costumbre del «interés general» o «alejar la responsabilidad del Estado» conduce demasiadas veces a resultados peores de los que se debe.Desconozco absolutamente todo en esto pero no puede ser igual este accidente a uno personal ( si yo choco con mi vehiculo en la carretera, sería el único culpable) .
    ADIF un transporte Público por ello hay otras variantes que han obligado a esto y deben de ser públicas..
    Lamentablemente y tras tantos años ,la justicia se está desvaneciendo totalmente ya que cuando llegue la Sentencia y
    los recursos ,(si siguen así )pasarán varios años más .

    Seguramente la Transición del 78 ,en muchos aspectos deberá de actualizarse o seguiremos viendo como unas víctimas de un desastre no son tratadas, como correspondería a un Pais avanzado.
    Ahora se pasa el Juicio para Enero del próximo año y cuantos más letrados haya y papeles se hacen, más engorroso será conocer la verdad de los hechos.
    No debería de ser complicado esto ( tampoco reducirlo a «una simpleza») ,se amontonan un grupo de abogados, papeles y escritos de muy dificil clarificación y no es de recibo que en 2 o 3 años como máximo ,no hubiesen cerrado el caso.

  • JULIO ASOREY

    Como ciudadano le doy las gracias a la Sra.Miranda!.
    La tradición española desde la Transición del 78 permite asegurar que va para muy largo este accidente.
    Algunos familiares increparon excesivamente al directivo de ADIF ,tal vez su ira debieran de contenerla y ser rigurosos por que ese directivo es posible que no tuviese en sus manos el control total de la Seguridad,aunque pudiese parecerlo .
    Confiemos en que el Juez de turno ,consiga clarificarlo con rigor,

    La manía de casi todos los políticos ,al creer que «da votos» aparecer en los medios «cortando cintas» de inaguración,cual Franco hacía, inagurando pantanos , podría formar parte de esa aparente precipitación en acercar la «alta velocidad» a Santiago.
    Lo desconozco y por ello me abstengo ,pero los jueces son quienes deben de agilizar e investigar , a medida que
    aumentan «Tomos»,»Carpetas»,»Escritos»»Sentencias» , abogados tanto «defensores» como del Estado y Fiscales se aumenta el entramado con la incertidumbre que acabará abocándolo a un final muy dilatado en el tiempo e incierto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.