Carme Aira impulsa iniciativas no Parlamento galego para que abra de forma completa o consultorio de Castro de Rei

O BNG sinala que a asistencia sanitaria no concello continúa a ser precaria

O Bloque Nacionalista Galego trasladou ao Parlamento de Galiza da man da deputada Carme Aira o estado do consultorio da vila de Castro de Rei.

A través de diferentes iniciativas e preguntas, o BNG propón que este centro se abra con todos os servizos sanitarios como administrativos para contar co funcionamento pleno. Tras as últimas informacións, o consultorio só vai contar cun servizo de enfermaría dous días á semana, tendo ao centro nun sistema en precario e sen unha atención debida á veciñanza.

Ante isto, Carme Aira declarou «débese cumprir con todos os servizos no consultorio de Castro de Rei, non se pode consentir unha falsa apertura, si se procede á apertura debe contar polo menos cos servizos que estaban antes do peche»

Neste sentido, a deputada do BNG destacou que estes movementos por parte da Consellaría de Sanidade producíronse por mor das mobilizacións veciñais e que o BNG organizou, mais non garanten a asistencia sanitaria plena «a veciñanza ten que contar cos seus centros de referencia e co seu persoal sanitario e administrativo, non é viábel que abra baixo mínimos, debe contar coa cobertura total»

Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea

O BNG tamén presentou iniciativas solicitando ao Goberno da Xunta que se cubran as prazas do centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea, ás que aínda non se procedeu á súa reposición.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.