Castiñeira: “Tomé ten que dar explicacións aos veciños de A Pobra do Brollón polos continuos retrasos das obras da residencia, dende que en 2018 se firmou o convenio”

O PP lembra que despois de dúas licitacións e outras tantas resolucións de contrato, o inicio das obras aínda terá que agardar por unha nova contratación

A xestión que desenvolve o goberno provincial en relación coa súa rede de residencias da terceira idade ten moitos déficits, como vén poñendo de manifesto o grupo popular. Hoxe, segundo destaca o portavoz do PP, na Deputación, Javier Castiñeira, “recibimos unha mala noticia para a Pobra de Brollón: na reunión celebrada esta mañá pola xunta de goberno da Deputación aprobaron un acordo para rescindir o contrato coa empresa que debía construír a nova residencia da terceira idade de Pobra do Brollón”. Castiñeira visitou hoxe os terreos no que se prevé levantar a residencia, xunto co portavoz municipal do PP, Fernando Parada, e o presidente da xestora do partido, Teddy López Pedredo.

Castiñeira lembra que no pleno máis recente da corporación provincial os populares mostraron a súa crítica aos retrasos que sofren algunhas residencias da rede da Deputación. Engade: “Dixemos que  a xestión de moitas das residencias non estaba sendo correcta, e unha delas é esta de A Pobra, que xa levaba dúas licitacións e agora rescíndese  de novo o contrato coa construtora. No PP non sabemos cal é o motivo, pero levamos anos dicindo que con esta crise económica, esta inflación e estes prezos da construción había que intentar facer algo para evitar problemas desta índole; nada se fixo e así se acumulan agora os retrasos e os prexudicados son os veciños”.

Os populares lamentan que no goberno da Deputación non fixeran caso dos seus avisos. Castiñeira di: “E agora vemos un retraso máis. Os veciños de a Pobra de Brollón están sendo enganados. No ano 2018 firmouse o convenio e catro anos despois vólvese a confirmar un  novo retraso. Hai un cartel de obras e houbo unha presentación das obras por parte da Deputación. O cartel xa queda invalidado e o que queremos é que o goberno dea explicacións aos veciños por tanto engano, por tanto retraso; aos veciños de A Pobra do Brollón e a todos os da provincia, porque en moitos casos as obras das residencias retrásanse co que se prexudica a imaxe da Deputación e os intereses dos veciños”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.