Cristina López visita a feira de olería Lugo Tradicional

A mostra, promovida pola Concellería de Participación e a Vicepresidencia da Deputación, reúne a 14 artesáns de todas as zonas do estado

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, visitou a feira de olería Lugo Tradicional, que vén de instalarse na praza de Santo Domingo. A mostra, que se poderá visitar ata este domingo, reune unha importante colección de olería tradicional de Galiza e outras zonas do Estado.

A concelleira Cristina López explicou que «desde o Goberno de Lugo organizamos esta feira co obxectivo de consolidala como unha das máis feiras relevantes en todo o Estado no eido da olería» e engadiu «esta mostra súmase á ampla programación do San Froilán, achegando máis contidos culturais á gran festa do outono galego».

A Feira de Olería Lugo Tradicional conta con 14 artesáns e artesás que representan algunhas achegados de Galiza e de distintas zonas do Estado: Bonxe (Lugo), Gundivós (Lugo), Tioira (Ourense), Buño (A Coruña), Moveros de Aliste (Zamora), Pereruela (Zamora), Arroyo de la Luz (Cáceres), Salvatierra de los Barros (Badajoz), Talavera de la Reina (Toledo), Puertollano (Ciudad Real), La Rambla (Córdoba), Bailén (Jaén), Úbeda (Jaén) e Ribesalbes (Castellón).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.