Dani Vega: “O noso grupo municipal ten un claro compromiso para investir nas parroquias do municipio e traballar por un Ribadeo mellor”

O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destaca o compromiso do grupo municipal na mellora e acondicionamento das parroquias, atendendo as demandas dos veciños e traballando en beneficio de Ribadeo. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo pola xestión do grupo popular é máis que notable como é o caso do cambio da antiga escola de Rochela ou a construcción do aparcamento de Couxela entorno ao teleclube.
Vega di: “O cambio que deu a escola de Rochela é significativo. Invertimos preto de 22.000 euros durante este mandato”. No ano 2019 os populares investiron 9.000 euros para o acondicionamento do centro con modificacións de ventanas, portas e entrega de material escolar. Ademáis, en 2020 incrementouse o orzamento ata 12.800 euros para o acondicionamento da casa que está ao carón da escola e que é propiedade dos veciños. “Fixéronse arranxos, pintamos tanto a casiña como a escola e dotamos de material, mesas e sillas”, di o vicevoceiro.
Por outra banda, estas non son as únicas actuacións que están a mellorar Ribadeo. A Xunta de Galicia investiu 15.300 euros para o acondicionamento do aparcamento en Couxela, entorno ao teleclube. Unha medida que os veciños da parroquia levan demandando desde fai moito tempo polo incremento da poboación na vila e que gracias ao apoio da Xunta “foi posible”.
Os traballos que se van a facer en Couxela para a construcción do aparcamento son moi amplos. A eliminación da soleira, que estaba destrozada, e a súa susbstitución por unha nova soleira de hormigón de máis de 160 metros cuadrados, a canalización dos pluviais, a construcción dun muro laterla para protexer os vehículos e a elimnación de barreiras arquitectónicas, “algo fundamental para que todos os que lle den uso poidan chegar facilmente ao teleclube”.
Pola súa banda, a Asociación de Veciños de Couxela recibiu este ano 17.000 euros para construír unha rampla que lles facilite o acceso ás persoas con mobilidade reducida, ademais de acondicionar a parcela exterior co obxectivo tamén de mellorar a accesibilidade. “Pasiño a pasiño imos mellorando as nosas parroquias”, engade Dani Vega.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *