Este venres chega a Tui a compañía Píscore co seu espectáculo ‘Concerto con fusión’

Será ás 19.30h no Teatro Municipal

Este venres 14 de outubro, ás 19.30h, haberá cita co teatro musical ‘Concerto con fusión’ de Píscore. A obra, galardoada co Premio do Público no Festaclown 2019 e como Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, xa ten á venta as entradas en tui.gal a prezos de 4 e 3 euros.

‘Concerto con fusión’ é unha obra de carácter festivo que pasa por diferentes estilos musicais, dende a música latina, o rock ou o reggae ata o pop ou a música disco. Trátase da segunda montaxe teatral da compañía Píscore e conta coa dirección de Fran Rei e un elenco formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanales.

A obra conta como catro músicos descoñecidos e de estilos moi diferentes chegan ao escenario sen os seus instrumentos e descobren un pasado común e o seu gusto polas músicas que fusionan estilos gracias a un divertido exercicio de virtuosismo cunha marimba.

Cunha duración de 55 minutos, está recomendada para maiores de 3 anos. As entradas poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.

Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar na web tui.gal e nas redes do concello.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.