Estíbaliz Veiga viaxa ata o Uruguai para entrevistar a Juan Salgado nunha nova entrega de ‘Facendo as Américas’

De pai de Parada do Monte, en Bande, e de nai de Malpica de Bergantiños, Salgado é o actual presidente de Cutcsa, a empresa de transporte colectico urbano con máis autobuses de toda Latinoamérica

Estíbaliz Veiga viaxa este sábado ata o Uruguai nunha nova entrega de ‘Facendo as Américas’ para coñecer o día a día do presidente de Cutcsa, Juan Salgado. Toda unha historia de traballo, esforzo e emigración que coñeceremos moi de preto, ás 18.00 horas, na Televisión de Galicia.

Juan Salgado, de pai de Parada do Monte en Bande (Lobeira, Ourense) e nai de Cambre de Malpica de Bergantiños, é o actual presidente de Cutcsa, a empresa de transporte colectivo urbano con máis autobuses de toda Latinoamérica. A compañía foi fundada en 1937 por José Añón, outro ilustre galego da Laracha que lle deu traballo ó pai do noso protagonista cando chegou ao Uruguai.

Juan soubo crecer nunha empresa empezando polo máis baixo e sempre co exemplo dos seus pais, que traballaban durante máis de catorce horas por día para que o seu fillo puidera ter un futuro mellor. Tanto é así que, cos anos, Juan Salgado converteríase na cabeza visible da compañía que, pouco a pouco, vai facendo oco ás novas xeracións.

Conducido pola actriz e presentadora Estíbaliz Veiga, “Facendo as Américas” preséntanos a eses galegos que arriscaron todo canto tiñan para buscar o éxito alén das súas fronteiras.

A intención principal é entreter divulgando a nosa historia e a dos nosos compatriotas, os galegos que se foron, ou os seus descendentes, e ficaron alén do Atlántico pero que, por suposto, nunca esqueceron a súa orixe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.