EU Cambre. Os deportistas de Cambre levan perdidos 172.000 euros entre bolsas e subvencións

Olga Santos: «Nunca se vira antes a un Concelleiro que sendo ex-deportista, despreciara tanto o fomento do deporte no Concello como o fai Dani Mallo»

EU denuncia que nunca antes pasara o que leva acontecendo dende que Mallo encabezara a Concellería de deportes. Disciplinas como patinaxe, ximnasia rítmica, atletismo, judo ou vela teñen unha canteira de novos talentos cambreses que non son apoiados polo seu propio Concello.
As bolsas para deportistas son axudas para xóvenes deportistas do Concello de Cambre que, en ocasións, e como consecuencia de non percibir estas axudas poden non chegar a cumplir as súas metas. As subvencións ás entidades deportivas repercuten igualmente na aporta pola xuventude e as diferentes disciplinas deportivas.
Olga Santos explica a situación: «As contas son claras. Do ano 2021, mais de 25 deportistas do noso Concello están agardando que se abonen aproximadamente 15.000 euros. E a dous meses de rematar o 2022 aínda non se convocaron as de 2022, por outros 15.000 euros mais. Si a esto sumamos os 72.000 euros impagados a entidades deportivas de 2020 e 2021, fai un total de 174.000 euros que directa e indirectamente os deportivas novos do Concello de Cambre non percibiron pola desidia e incompetencia dun Concelleiro que únicamente aparece para facerse fotos, agochándose das goteiras e as protestas polo lamentable estado das instalacións, e os recursos para o Deporte en Cambre. O que poderíamos definir como Deportistas aos que se lles quita o Deporte.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.