EU denuncia “a desidia do Concello de Ponteareas en materia laboral”

Case que tres anos despois da publicación do convenio colectivo aínda non aplicou os pluses contemplados

O nove de xaneiro de 2019 era publicado no boletín oficial da provincia de Pontevedra o novo Convenio Colectivo dos traballadores e traballadoras laborais do Concello de Ponteareas. Isto incluía unha serie de retribucións complementarias en función das diferentes características ou dificultade dos distintos postos de traballo, algunhas novas e outras xa contempladas no anterior Convenio.

O Convenio contemplaba tamén que a concreción de esas novas retribucións complementarias e a revisión das xa existentes anteriormente tiña que ser revisada na Comisión Paritaria. Comisión que ten entre as súas funcións a de facer seguimento do cumprimento do convenio e que  está composta por representantes sindicais e do Concello.  “A pesares disto, máis de tres anos despois, o Concello nin levou á Comisión Paritaria ditas retribucións nin as aplicou aos traballadores e traballadoras que as veñen solicitando. Así, traballadoras e traballadores municipais coma os adscritos á unidade de bacheo ou as de Servizo de Axuda no Fogar, que xa durante a negociación do Convenio viñan reclamando esas retribucións, ven como a pesares das promesas, levan máis de tres anos ser ver mellorar a súa situación” denuncian dende Esquerda Unida.

“A maiores o Convenio rematou a súa vixencia xa en decembro de 2020 e dende o concello, a pesares das solicitudes dos sindicatos, néganse a avanzar na negociación dun novo convenio. Todo isto da unha idea da falta de compromiso dos gobernantes do Concello de Ponteareas, BNG e PSOE cos dereitos laborais dos traballadores municipais”.

Por todo iso, Esquerda Unida solicita ao Concello de Ponteareas que “se sente a negociar dunha vez as melloras retributivas contempladas no Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Ponteareas e se deixen de enganar aos traballadores e traballadoras con falsas promesas. Esquerda Unida de Ponteareas xa non lles pide a BNG e PSOE  que fagan políticas minimamente de esquerdas, se non que polo menos cumpran co que asinan”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.