Gómez Reino considera un avance que se eleve a ampliación da AG-31 ao cume hispano-luso e insta á Xunta a “facer os deberes”

O Goberno respondeu a unha pregunta formulada por Antón Gómez Reino, deputado de Galicia en Común e secretario xeral de Podemos Galicia, sobre a ampliación da autovía AG-31 desde Celanova ata a fronteira con Portugal. O Executivo informa á formación de que o proxecto se elevará ao Cume bilateral

A mellora desta estrada «forma parte das consideracións formuladas pola Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal como un dos seus proxectos prioritarios, que foron sometidas á recente XIV Reunión da Comisión Hispano-Lusa para a Cooperación Transfronteiriza e recollidas nas súas Conclusións acordadas. Estas Conclusións son formalmente elevadas ao Cume bilateral e forman parte da súa documentación oficial», reza a resposta do Goberno.

Gómez Reino recoñeceu que isto é un «paso cara adiante» para a mellora das conexións con Portugal e que é unha iniciativa impulsada por múltiples organismos públicos e organizacións:

«O movemento cidadán sempre dá os seus froitos e é un logro dos veciños da Baixa Limia. Esta obra fomentará a cohesión social e territorial, a fixación de poboación, o desenvolvemento socioeconómico da zona e o fortalecemento do tecido industrial. Celebramos esta noticia».

«A quen miramos agora é á Xunta de Galicia, que é a institución con competencias para abordar este proxecto. Non concordamos coa proposta da Consellería de Infraestruturas presentada por Ethel Vázquez e pedimos que atenda ao que están a marcar as institucións municipais e os colectivos, porque para facer algo mal mellor que non o fagan», alega.

«A quen miramos agora é á Xunta de Galicia, que é a institución con competencias para abordar este proxecto. A proposta da Consellería é insuficiente, posto, como insisten colectivos e cidadanía o obxectivo desta estrada debería ser o de continuar a conexión ata Portugal mellorando así a conectividade entre ambos países», alega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.