Instálase a polbeira elaborada por Honorio na praza da Mosqueira co inicio do San Froilán

Arroxo: «Esta nova estatua é unha homenaxe a todas as polbeiras que cada ano se colocaban nesta zona da cidade durante o San Froilán»

O Goberno de Lugo vén de instalar a imaxe dunha polbeira na praza da Mosqueira, coincidindo co inicio do San Froilán 2022. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, destacou que «esta intervención serve para lembrar a todas as polbeiras que se colocaban nesta zona cada feira de San Froilán», e engadiu «esta escultura representa un anaco da historia de Lugo e unha homenaxe a todas as mulleres que realizaban este traballo».

A imaxe da mosqueira foi realizada en colaboración cos artistas Jorge Espiral e Honorio. A imaxe está realizada en bronce, e conta cunha altura de 190cm e un peso de 150Kg. «Esta estatua mellorará a imaxe dun dos puntos máis recoñecibles da Muralla, despois do avance dado durante a peonalización, onde se renovou a vista do principal atractivo turístico de Lugo».

Arroxo destacou que «a praza da Mosqueira é un dos puntos máis importantes á hora de organizar actividades culturais», e engadiu «durante os San Froilán, esta praza contará cun dos escenarios principais das festas, converténdose no punto onde se celebrarán gran parte das actividades, consolidando á Muralla de Lugo como un referente da cidade por todo o mundo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.