IV Xornada Ecuestre organizada pola Asociación AMARAI no Centro Ecuestre Marco das Pías.

A Asociación AMARAI (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide) retoma con gran éxito a súa xa habitual Xornada Ecuestre. Este ano celebrouse a IV edición xa que se comezou no ano 2017 e viuse cancelada no 2019 e no 2020 por mor da pandemia.

Celebrouse o pasado venres 30 de setembro no Centro Ecuestre Marco das Pías de Sobrado dos Monxes. Nela participaron distintas asociacións de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) chegando a contar con preto de dúas centenas de persoas entre usuarios e profesionais das varias entidades.

A xornada deu comezo ás 11 horas aprox. coa realización de distintas actividades polas que ían rotando os grupos. Entre elas contamos cun obradoiro de chapas, un photocall, taller de coidado de cabalos, un labirinto a resolver montado no cabalo, etc. Todas relacionadas co mundo equino. Despois de xantar levouse a cabo a entrega de premios e detalles de agradecemento a Lara, traballadora do centro ecuestre que tamén axuda todos os luns aos usuarios de AMARAI nas xornadas de hipoterapia. Todos os agasallos foron elaborados nos obradoiros do Centro de Recursos de AMARAI polos usuarios do centro ocupacional.

Finalmente fomos espectadores dunha exhibición MAXI-MINI por parte de profesionais do deporte. Demos por rematada a xornada ás 18 horas.

Resultou un día de convivencia entre usuarios con discapacidade e os cabalos nas súas distintas posibilidades. Dende AMARAI queremos agradecer a participación e boa acollida de todos os compañeiros que formamos COGAMI.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.