Jorquera pide un novo modificativo de crédito para ampliar convenios con entidades, especialmente co Club do Mar

O BNG non vai pór atrancos para que se lle dea luz verde no Pleno do vindeiro 13 de outubro a unha modificación do anexo de subvencións nominativas (o que regula os convenios coas entidades da cidade). A mudanza foi obxecto onte de tratamento na Comisión de Economía e Facenda

“Non imos dificultar a aprobación. Trátase de correccións de carácter puramente técnico”, esclarece o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.

Mais á vez o BNG demandou nesa reunión da Comisión de Economía e Facenda que o Goberno Local abordase modificacións de maior dimensión das subvencións nominativas. “Cómpre que se amplíen os convenios, en particular que se resolva a situación do Club do Mar de Santo Amaro”, remarca.

O Club do Mar –“unha entidade emblemática da Coruña, con grande enraizamento social”- áchase nunha difícil situación económica, “froito do desequilibrio económico xerado pola xestión da piscina municipal”. O problema é que nestes momentos “os custos superan con moito o contemplado no contrato da concesión”, polo cal o Club do Mar vese na obriga de “detraer recursos propios para soster a piscina”.

Jorquera insta o Goberno Local a que impulse, por tanto, un novo modificativo de crédito para garantir o equilibrio económico da piscina municipal xestionada polo Club de Mar de Santo Amaro e que o faga “coa maior celeridade posíbel”.

Foto portada: Club del Mar San Amaro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.