Maite Ferreiro: “Estamos estudando as sancións aos distintos postos do Recinto Feiral que incumpliron a normativa”

A normativa do Recinto Feiral estabelece que as atraccións deben ter en lugar visible o prezo por viaxe, que deberá ser o mesmo que o presentado ao solicitar o espazo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o persoal técnico municipal está a revisar os distintos informes relacionados cos prezos do recinto feiral, debido ás variacións de prezos acontecidas durante as festas. Ferreiro explicou que «o persoal municipal está estudando os incumprimentos acontecidos nos últimos días nos postos do Recinto Feiral, de cara a aplicar as sancións previstas no prego de condicións das festas».

O prego de condicións dos distintos postos do Recinto Feiral establece que Todas as instalacións deberán poñer á vista do público os prezos que rexan no seu negocio. Os prezos non poderán sufrir alteración ningunha durante os días de duración das festas, sen previa autorización do Concello. Ademais, deberase mostrar o tempo de duración das atraccións, que non será nunca inferior aos dous minutos en marcha. A información deberá estar ubicada nun lugar visible, xunto coa correspondente autorización de instalación.

O incumprimento destas normas márcase no prego como sancións graves, que poden ser sancionadas sancionadas co peche ou precinto da atracción ou posto por un período non inferior a 24 horas ou extinción da autorización e/ou con multas de ata 2.000,00 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.