Manuel Rouco “O goberno do señor Llano só repartiu 58.000 dos 181.000 euros anunciados para o 2021 en axudas a comercios, hostalería e familias afectadas pola covid”

Os populares cren que «no pleno extraordinario para aprobar as contas do 2021 quedou constatado que ao goberno do PSOE só lle interesa a propaganda, non os bureleses»
O voceiro, Manuel Rouco, non entendeu a urxencia por transformar unha praza de inspector noutra de oficial da Policía Local cando «o prioritario é ampliar o cadro de persoal e incrementarlles o salario porque son so que menos cobran da comarca da Mariña»
O popular condenou, unha vez máis, «o posicionamento servil do BNG en sesión plenaria que permitiu que saíran adiante as dúas propostas do goberno local do PSOE»