O BNG demanda, de novo, unha desculpa pública de Lino Rodríguez

Tras a sentenza xudicial que condea ao alcalde pola agresión  nun encontro de fútbol, e máis de 6 meses deste feito, o mandatario aínda non se pronunciou  

O Bloque Nacionalista Galego en Pol reclama, de novo, unha desculpa pública de Lino Rodríguez Ónega, tras a condena xudicial pola agresión a un afeccionado no encontro de fútbol entre a S.D .Pol e o C.D. Portomarín.

Despois de 6 meses e cunha resolución xudicial, aínda non se emitiu  ningunha explicación, nin depuración de responsabilidades, nin unha condena ante os feitos.

Neste sentido, o Bloque en Pol segue a condenar este comportamento impropio e denuncia a degradación pública que se está a someter á localidade, como tamén, o deterioro da política e da ética cun  reprentante público debería contar.

Ante isto, o BNG en Pol xa denunciou diversas accións que o mandatario local tivo no pasado, como o suposto acoso laboral no Concello ou o incumprimento das normas no período de confinamento na pandemia da COVID-19. Ademais, no pasado mes de xullo, o Parlamento de Galicia condenou a súa conducta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.