O BNG en Guitiriz defende a reapertura con todos os servizos do consultorio de Parga

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz defende a necesidade de reabrir, coa cobertura sanitaria total, o consultorio médico de Parga, tras que se coñecera a decisión da Consellaría de Sanidade da súa apertura coa metade do servizo.
Este centro sanitario que levaba máis de dous anos fechado, previa á pandemia da COVID-19, e que grazas ás mobilizacións da veciñanza vai a proceder a súa apertura, mais só coa metade do servizo.
O concelleiro do BNG en Guitiriz, Xosé Lois González Souto “Pereira” explicou “a decisión da Consellaría é continuar coa precariedade do servizo, a veciñanza ten que contar con dúas persoas de persoal médico os catro días de servizo e non dous profesionais cada dous días, que é o que decidiu a Consellaría”
Neste senso, Pereira destacou “ou se está coa veciñanza ou se está coas políticas de redución de servizos para beneficiar á sanidade privada, é preciso que se abra o consultorio con todas as coberturas”
De igual xeito, “Pereira” destacou que o BNG continuará apoiando á veciñanza e o BNG presentará, de novo, iniciativas no Parlamento galego para esixir que se cumpran todos os servizos sanitarios do concello “é básico garantir o dereito á saúde, por isto impulsaremos medidas no Parlamento para que se cumpra coa reapertura real do consultorio de Parga, e tamén, a dotación suficiente de persoal médico no centro médico de Guitiriz”