O BNG organiza un acto con Néstor Rego para tratar a marxinación de Lugo nos orzamentos do Estado de 2023

O acto terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, a partir das 20:00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, estará en Lugo para falar nun acto público baixo título A marxinación de Lugo nos orzamentos do Estado, no que explicará as condicións e os desagravios das partidas económicas que se destinarán ás comarcas de Lugo nos vindeiros orzamentos do Estado de 2023.
Este acto terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, a partir das 20:00 horas no Centro de Convicencia Uxío Novoneyra. Ademais, contará coas intervencións da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro e o Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo.
Neste acto destacarase o déficit en materia de infraestururas e o esquecemento en diversas áreas que o Goberno do Estado do PSOE e Unidas Podemos están aplicar en Lugo. Algunha delas son, pro exemplo, as conexións ferroviarias ou o remate da autovía A-54, que une a cidade de Lugo con Santiago de Compostela.
De igual xeito, destacarase a importancia de contar cunha voz propia no Congreso para defender os dereitos e intereses das galegas e galegos e darase conta do traballo desenvolto polo BNG coas distintas iniciativas defendidas na cámara baixa.