O Concello de Láncara construirá unha glorieta de acceso á Pobra de San Xiao desde a LU-546

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou a vontade de colaboración cos concellos para facilitar a execución de obras e dotacións públicas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiu ao concello de Láncara a autorización para a construción dunha glorieta de acceso ao núcleo da Pobra de San Xiao na confluencia entre a rúa Benigno Quiroga e a estrada autonómica LU-546.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, afirmou que se pon de manifesto “a vontade de colaboración para facilitar o labor dos concellos, especialmente no que se refire á execución de obras e dotacións  públicas”.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) recibiu a solicitude do concello o 17 de agosto e, tras valorar a documentación e visitar a zona para realizar un informe de campo, emitiu a resolución favorable a pasada semana.

A rotonda construirase no punto quilométrico 12,300, no primeiro cruce de acceso ao citado núcleo de poboación desde a LU-546 en dirección Lugo-Sarria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.