O Concello de Vilalba traslada as árbores da rúa da Pravia á zona verde situada fronte ao cemiterio municipal

O Concello de Vilalba realiza estes días o traslado das árbores que había na rúa da Pravia para crear un pequeno bosque no polígono industrial, nun espazo fronte ao cemiterio municipal

Unha empresa especializada neste tipo de actuacións realiza o traslado das 20 árbores, da especie Photonia Glabra e de folla perenne.

O proxecto de remodelación da rúa da Pravia inclúe a plantación de árbores de folla caduca, máis adecuadas ao espazo urbano.

“Respectamos cada árbore e o que facemos é buscarlle unha nova ubicación, creando un novo espazo verde e de lecer”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.