O Goberno local comunícalle ao BNG que mantén “conversas periódicas” coa SAREB para “obter a cesión de vivendas da súa propiedade”

En resposta a Avia Veira, o Executivo coruñés afirma que sí tivo contactos coa Administración do Estado “para coñecer os inmóbeis que este ten na cidade de cara a incorporalos ao parque de vivendas municipais e destinalos a aluguer social”

O Goberno Local mantén conversas coa SAREB, o coñecido como banco malo, e coa Administración estatal en orde a obter a cesión de moradas da súa propiedade para as incorporar ao parque municipal de vivendas.

Así llo comunica o Executivo coruñés ao grupo municipal do BNG en resposta a unha pregunta formulada por escrito pola concelleira nacionalista Avia Veira.

O Goberno Local asegura tamén que “está a avaliar a posibilidade” de que a Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), dentro da bolsa de aluguer de vivendas, “funcione como avalista e financie os seguros de impago que hoxe en día son un impedimento para o acceso a unha vivenda en réxime de aluguer”, tal e como lle propuña o BNG.

Na iniciativa que deu lugar a esta resposta, Avia Veira instaba o Goberno Local a que estudase tamén a posibilidade de ofrecer, “ben desde EMVSA ou ben desde os propios servizos municipais”, asesoramento legal “ás persoas que queiran acceder a unha vivenda en réxime de aluguer para evitar abusos nos requisitos que impoñen algúns alugueiros”. “O Goberno Municipal estuda todas as posibilidades que melloren a situación da cidadanía”, responde sucintamente o Executivo coruñés.

A vivenda que existe na cidade en mans do Estado ou da SAREB ten de se destinar “a aluguer para colectivos con dificultades de acceso a unha  vivenda a prezos razoábeis”, conclúe Avia Veira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.