O Grupo Socialista denuncia o incumprimento da Lei de Medios Públicos de Galicia 11 anos despois da súa aprobación

Noa Díaz sinala que a CRTVG segue sen elaborar o Estatuto Profesional nin constituír o Consello de Informativos

A parlamentaria socialista Noa Díaz denunciou hoxe no Parlamento o grave incumprimento por parte da CRTVG da Lei de Medios Públicos de Galicia dende a súa creación, hai 11 anos. Díaz presentou unha pregunta oral na Comisión da CRTVG do Parlamento acusou á dirección do ente de empregar a corporación como propiedade “duns poucos, os de sempre”.

Díaz criticou o incumprimento da Lei no canto obriga á aprobación dun Estatuto Profesional para velar pola profesionalidade e independencia dos contidos informativos, e a constitución dun Consello de Informativos como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación. Este órgano, lembrou, debera velar pola independencia, a veracidade e a obxectividade dos contidos informativos.

Tamén incumpren, dixo, a obriga de elaborar un Plan de Igualdade, ou de abrir a grella á programación cultural necesaria ou a ampliación da programación dirixida á infancia e á mocidade. Díaz reclamou ademais a recuperación das desconexións locais para cumprir co obxectivo do ente de darlle cobertura á información territorial.

Noa Díaz lembrou a obriga da CRTVG de aprobar cada tres anos un contrato programa que estableza os contidos de servizo público que deberan ser emitidos pola Corporación, pero que en 11 anos permanece inédito. Este contrato programa é a ferramenta establecida para concretar o reparto de xéneros de programación e controlar a súa execución, así como analizar os resultados derivados da súa aplicación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.