PP da Pastoriza. «O fillo do alcalde contratado como conserxe municipal»

O PP da Pastoriza amosa a súa sorpresa polas circunstancias nas que resultou contratado o fillo do alcalde no proceso de selección para a provisión dunha praza de conserxe no colexio San Salvador da Pastoriza.

Os populares seguiron de preto este proceso de selección que comezou dun xeito anómalo ao iniciarse moi tarde, a final do mes de agosto, o que supuxo que o curso escolar comezara sen esta figura.

Dende o PP local explican que a persoa que obtivera unha maior puntuación no concurso-oposición renunciou á praza. Así, tralo período de alegacións e a reunión do tribunal para resolvelas, o Concello resolveu formalizar o contrato de traballo temporal de 25 horas semanais en favor do fillo do alcalde, ata a cobertura definitiva da praza ou ata un máximo de tres anos.

“O alcalde delegou competencias na tenente de alcalde ao apreciar unha causa de abstención no procedemento. Pero, aínda así, resulta moi curioso que a persoa que lograra a segunda puntuación máis elevada fora o seu fillo -que foi tamén un dos catro que obtivo un 9,5 no exame- de forma que, trala renuncia da persoa que  acadara unha maior puntuación, resultase contratado”, expoñen.

O PP da Pastoriza demandará “explicacións ao equipo de goberno PSOE-BNG” agardando “a maior transparencia” sobre este procedemento para a cobertura dunha praza vacante de conserxe no colexio da Pastoriza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.