O PP de Pobra do Brollón refórzase coa constitución da xestora que ten como obxectivo “implicar a todos os veciños para traballar en beneficio do noso concello”

A xestora que preside Teddy López Pedredo conta con novos membros como Roberto Jose Andrade Míguez – secretario xeral -, José Manuel Costoya Fernández, Maria José Fontal Vázquez, David López Freán, Beatriz Miranda Castaño e Diego Sanmartin Menéndez e ademáis segue a formar parte da xestora o concelleiro Fernando Parada

O Partido Popular da provincia de Lugo continúa a reforzar as agrupacións locais de cara ás eleccións municipais do 2023 co obxectivo de “sumar e implicar aos veciños na conformación dunha alternativa ao goberno local. As portas están abertas a todas as persoas que queiran traballar en beneficio da Pobra do Brollón”, explican os populares.

O presidente da xestora, Teddy López Pedredo trasladou o seu agradecemento “pola confianza” e sinalou que “temos traballo por diante para lograr nas municipais que o Partido Popular sexa a formación máis votada na Pobra do Brollón e, para iso, queremos contar con todos”. De feito, a xestora é un “equipo aberto á incorporación de todos os afiliados e veciños que consideran que a Pobra necesita un cambio e que queiran sumarse ao noso proxecto”.

Despois de ser nomeado fai unhas semanas presidente da xestora de Pobra do Brollón, López Pedredo cumpre co seu compromiso de crear un equipo de traballo de “xente nova e con ilusión por mellorar o noso concello” para conformar a xunta xestora do PP local. O novo presidente deu a coñecer os nomes do novo grupo de persoas de varias zonas do municipio comprometidas con Pobra do Brollón: Roberto José Andrade Míguez, como secretario xeral, José Manuel Costoya Fernández, María José Fontal Vázquez, David López Freán, Beatriz Miranda Castaño e Diego Sanmartín Menéndez. Cabe destacar tamén a presencia do concelleiro Fernando Parada como membro da xestora.

A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP – o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes”. Tamén participou nesta xuntanza o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.