O PP logra unanimidade na Deputación para reclamar ás administracións a mellora das súas redes de estradas e apoio para ubicar en Lugo a Agencia Estatal de Salud Pública

As iniciativas populares conseguiron no pleno celebrado esta mañá pola corporación provincial o voto favorable de socialistas e nacionalistas

O grupo provincial do PP conseguiu na sesión plenaria celebrada esta mañá pola Deputación o apoio dos outros grupos (PSOE e BNG) ás dúas mocións que defendeu, unha delas para que a institución provincial apoie a proposta da cidade de Lugo como sede da Agencia Estatal de Salud Pública, e outra para demandar das administracións titulares de estradas na provincia que acometan as melloras necesarias nas súas respectivas redes.

A sesión plenaria desta mañá puxo de manifesto unha vez máis a capacidade dos populares de presentar iniciativas que, polo seu interese para a provincia, merecen o respaldo dos outros grupos.

O PP, por outra parte, lamenta que o BNG non fora capaz de introducir a modificación que solicitou para apoiar a moción nacionalista para reclamar ao Goberno investimentos na mellora das infraestruturas ferroviarias na provincia. Os populares confirmaron a súa disposición a apoiar as demandas ao Goberno para a mellora do ferrocarril en Lugo e solicitaron a retirada do segundo punto, que se refería á creación dun “tren galego de proximidade” e pedía que a Comunidade Autónoma  reclame a transferencia das competencias en materia ferroviaria. Unha vez máis, o posicionamento puramente ideolóxico do BNG fixo imposible o apoio dos populares a unha iniciativa en materia de infraestruturas con cuxo maior parte do contido concordaban, aínda que botaron en falta iniciativas para que Lugo non quede descolgada da alta velocidade.

O PP lamenta que o grupo socialista manteña unha posición cargada de demagoxia en relación coa sanidade pública na provincia. Unha e outra vez, pechan os ollos diante da realidade dos feitos, que demostran que é o Goberno central o que ten que crear as condicións necesarias para que haxa médicos de familia suficientes para cubrir o déficit neste nivel asistencial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.