Os días 7, 8 e 9 de outubro brigadistas de Portugal visitarannos para eliminación de especies exóticas invasoras en Moaña

Do 7 ao 9 de Outubro, coa Comunidade de Montes de Meira, Moaña
Logo do éxito do primeiro encontro transfronteirizo do proxecto «Vemo-nos no monte!» organizado este verán na Serra da Estrela en Portugal, nos próximos días 7, 8 e 9 de outubro serán as brigadistas voluntarias de Portugal as que nos visitarán para un fin de semana de accións de eliminación de especies exóticas invasoras, formación e convivio en Moaña.

O encontro comezará na sexta-feira día 7 de tarde, na que se recibirá ás brigadistas de Portugal e se organizará un convivio no local da Comunidade de Montes de Meira.

Na mañá do sábado día 8 terá lugar a roga no monte veciñal de Meira, elimando especies exóticas invasoras nunha zona de 3 hectáreas por volta de varios manantiais de agua nos lugares de O Curral e Fonteluceira. Os comuneiros de Meira escolleron esta zona para recuperar os cursos de agua. As especies autóctonas demandan menos agua polo que se procura a eliminación dos eucaliptos e a reforestación de especies que permitan recuperar os acuíferos xa que entenden que episodios de seca, como os vividos este verán, serán cada vez máis frecuentes.

Na parte da tarde do sábado, ás 18h., terá lugar no salón de plenos de Moaña un encontro sobre voluntariado ambiental en montes veciñais en man común, con representantes de varias comunidades que presentarán as súas experiencias. O acceso ao debate e é libre ata completar afora e non é necesaria inscrición.

No domingo día 9 de mañá organizarase un roteiro ambiental polo Monte Xaxán e o Chan da Arquiña, coas CMVMC de Meira, Moaña e Domaio.

Desacaciando na raia
No fin do ano terá lugar un encontro de voluntariado e formación na raia, no que un cento de voluntarias intervirán durante un campamento de fin de semana tanto nos baldíos do Parque Nacional do Gerês, do lado portugués, como nunha das comunidades de montes contigua xa dentro do Parque Natural do Xurés, do lado galego.

O proxecto parte da problemática común que supón a acacia da acacia (fundamentalmente Acacia melanoxylon e Acacia dealbata) a ambos lados da raia polo seu papel no deterioro dos ecosistemas e no aumento do risco de incendios forestais. Mediante as distintas accións permítese a troca de experiencias prácticas e a xeración de itinerarios de capacitación, fundamentalmente prácticos, que permitan actuar sobre esta problemática específica.

Iniciativa Brigadista
A iniciava lánzase partindo dos catro anos de experiencia das Brigadas deseucaliptizadoras, proxecto de voluntariado lanzando por Verdegaia em 2018 e premiado internacionalmente, a través da asociación de colaboración entre a Fundación CEER (Rede de Universidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal), a Fundación Montescola e o colectivo portugués À Escuta, contando co financiamento do programa europeo Erasmus+.

Ao longo de 18 meses, «Vémonos no Monte!» desenvolverá un programa de actividades composto por xornadas de intervención teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas, seminarios transfronteirizos e obradoiros de capacitación técnica, entre outras iniciativas que inclúen a elaboración de materiais educativos.

Máis información:
Brigadas Deseucaliptizadoras Portugal

Brigadas Deseucaliptizadoras Galiza

Esta foi a primira Brigada Vemo-nos no Monte! realizada na Serra da Estrela de Portugal o pasado mes de xuño: https://www.verdegaia.org/wp/24-26-de-junho-1a-brigada-expedicionaria-a-serra-da-estrela-portugal/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.