Ponteareas destina 40.000 € para reiniciar e manter viva a actividade nos centros e casas culturais

Aberto o prazo de solicitude das subvencións ata o vindeiro 25 de outubro

Un ano máis, o Concello de Ponteareas abre a convocatoria de subvencións para o apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais ponteareás para este ano 2022, unhas axudas que buscan “reiniciar e manter viva a actividade nunhas das entidades vertebradoras da vida cultural e social máis relevantes da nosa vila e das nosas parroquias”, como asegura o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

O Concello destinará 40.000 euros a estas convocatoria de axudas por concorrencia competitiva que ten por obxecto paliar os gastos correntes e de mantemento necesarios para a realización das actividades culturais, así como para o correcto funcionamento dos propios centros. “É a nosa forma de amosar o noso respaldo a estas entidades e colaborar con elas para que acaden os obxectivos que lle son propios de fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais que desenvolven”, recalca o edil.

Poderán solicitar estas axudas as asociacións sen ánimo de lucro que estean legalmente constituídas no termo municipal de Ponteareas e que teñan por obxecto e recollido nos seus estatutos a realización de accións e actividades para dar pulo e apoiar a actividade cultural nas súas instalacións.

O prazo para que os centros e casas culturais presenten as súas solicitudes estará aberto ata o vindeiro 25 de outubro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.