Rodil insta á Xunta “a que dispoña de inmediato a vacinación da COVID-19 das persoas maiores nos centros de saúde e PAC de Lugo”

A Montaña de Lugo é a gran prexudicada desta decisión debido á dificultade da súa rede viaria e o tempo de desprazamento até Lugo

O Bloque Nacionalista Galego insta á Xunta de Galicia a que desenvolva de inmediato o plan de vacunación da COVID-19 aos maiores de 85 anos nos centros de saúde e puntos de atención continuada (PAC) en vez no Hospital Lucus Augusti, que é o lugar establecido na actualidade.

No caso das comarcas de Lugo, A Montaña é unha das zonas máis afecatadas pola decisión do Goberno da Xunta, debido a que calquera desprazamento até a cidade de Lugo implica un desprazamento de máis dunha hora, a través dunha rede viaria complexa e cun déficit alto en transporte público.

A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, declarou “é unha aberración facer vir ás persoas dunha idade avanzada a vacinarse até o HULA, é sangrante que unha persoa da Fonsagrada teña que facer máis de 60 quilómetros para que lle poñan unha vacina, cando é totalmente viábel facelo no seu PAC”

Rodil destacou a dificultade económica que tamén supón esta decisión da Xunta “para moitas persoas achegarse até Lugo supón un gasto importantísimo, podemos falar de máis de 100 euros nun taxi para poder recibir a súa dose, e nun País onde as pensións son as máis baixas do Estado, isto implica un custo que poucos poden asumir”.

Deste xeito, a deputada do BNG anunciou “desde o BNG esixímoslle xa ao goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza a que rectifique a decisión de vacunar no HULA e que desenvolva o proceso nos centros de saúde e PAC de referencia de cada lugar”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.