Rubén Arroxo: “Lugo continúa a ser un referente cultural a nivel galego e estatal”

Melania Cruz e Marica Campo veñen de ser galardoadas nos Premios da Cultura Galega, e as agrupacións Airiños da Freba e Fuxan os Ventos foron recoñecidos na edición 2022 dos premios Martín Códax da Música

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiron esta mañá no Concello a Melania Cruz, Marica Campo, e a representantes das agrupacións Airiños da Freba e Fuxan os Ventos, que nos últimos días recibiron distintos premios polo seu traballo no eido da cultura. Arroxo destacou que «Lugo é un gran referente cultural a nivel galego e estatal, e as creadoras e creadores locais están a ser recoñecidos polo seu importante traballo nas diferentes artes», e engadiu «hoxe recibimos ás lucenses galardoadas nos Premios da Cultura Galega 2022 e na XI edición dos Premios Martín Códax da Música».

Melania Cruz e Marica Campo veñen de ser recoñecidas cos Premios da Cultura Galega nas categorías de Artes Escénicas e Letras, respectivamente. Os Premios da Cultura Galega destacan o labor a prol das letras, das artes plásticas e das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio e da proxección cultural no exterior. Convocados de xeito anual pola Xunta de Galiza, poñen en valor a excelencia creativa e a labor de difusión cultural das persoas galardoadas.

Airiños da Freba na categoría de Música Tradicional e Fuxan os Ventos como premio honorífico foron as agrupacións lucenses recoñecidas na novena edición dos Premios Martín Códax da Música. O xurado profesional escolleu ata 4 finalistas lucenses: Arrhythmia, Nebra, e Cántigas e Frores, que foron parte da votación popular das integrantes da asociación Músicas ao Vivo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.