Servizos Sociais do Concello de Dodro reparte 2.000 quilos de alimentos

O Concello de Dodro adquiriu esta semana 1.952,64 Kg de alimentos da Federación Española de Bancos de Alimentos (BALRIAL) para repartir entre familias desfavorecidas

O concelleiro da área Xoán Bautista Mariño (BNG) agradece a colaboración de BALRIAL e do persoal municipal que, xunto con fondos propios, fai que este programa teña continuidade.

Este ano aumentan as cantidades de alimentos sumados á achega municipal que se organiza desde Servizos Sociais a finais de ano. Sinala o concelleiro nacionalista tamén que non aumentou o número de familias do programa.

Os servizos municipais comezaron xa o reparto nesta mesma semana e esperan concluílo en breve.

Xoán Bautista Mariño -3º tenente de alcalde- recorda que para formar parte deste programa ou doutros dependentes de Servizos Sociais e Benestar, poden informarse ao longo de todo o ano, con cita previa, no número de teléfono 981 80 24 66.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.