SÉS lanza o seu novo disco: “Diante un Eco”

Sae a luz o 25 de novembro e a continuación será presentado con concertos en Galicia antes de iniciar una xira polo resto de España e Latinoamérica
Diante un Eco. Con este nome está a piques de saír á luz o novo traballo discográfico de SÉS, que será o número 8 nunha extraordinaria carreira de 11 anos que a consolida como un dos principais referentes da escena musical galega. Co seu habitual discurso valente, novidoso, contundente e directo, a cantautora fai referencia con este título á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva socio-política dos nosos días, segundo explica ela mesma.
Diante un Eco é tamén unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez e, sobre todo, desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Con este novo traballo, SÉS reafírmase na estética popular da que se considera amante e debedora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que caracteriza a súa música, que viaxa entre ritmos americanos do norte de do sur, repensados en galego e en feminino.
Acompañada de toda a súa banda, volverá pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, España e Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco, que sairá a luz o día 25 de novembro. No seu inicial percorrido por Galicia, están programados concertos en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Narón os días 10 e 17 de decembro, 14, 21 e 28 de xaneiro e 3 de febreiro, respectivamente. Os espazos elixidos son o Pazo da Ópera (A Coruña), o Auditorio de Galicia (Santiago), Sala Trebas (Lugo), Auditorio Municipal de Ourense, Auditorio AFundación (Vigo), e Auditorio de Narón. A continuación, iniciará unha xira polo resto do país con paradas xa programadas en Ponferrada e Madrid.
Como fenómeno underground que basea o seu éxito na seu carisma e a súa forza persoal, SÉS presenta neste remate do 2022, cando se cumpren 11 años xustos do seu primeiro disco, un traballo máis alegre e fresco que os anteriores e igual de fiel ao seu estilo: unha mestura coas doses exactas de rock and roll, tradición oral galega e certa cadencia de canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico.
“Apetéceme estar rodeada de música fresca e alegre, pero non podo evitar ser lúcida á hora de pintar a realidade e a deriva socio-política que estamos a vivir”, explica SÉS unhas semanas antes lo lanzamento de Diante un Eco. “É o eco -engade- dun pasado tráxico, da volta aos totalitarismos, da lousa dunha profunda e crecente desigualdade social, dos retrocesos en igualdade de xénero”.
Como nos seus traballos anteriores, SÉS é o altofalante certeiro que defende todo aquelo no que sería ideal crer, cuestionando o establecido e facendo un chamamento á unión e á dignidade.
Saída do disco: 25 de novembro.
Concertos xa programados:
A CORUÑA. Palacio da Ópera. 10 decembro 2022
SANTIAGO DE COMPOSTELA. Auditorio de Galicia 17 de decembro 2022
LUGO. Sala Trebas. 14 xaneiro 2023
OURENSE. Auditorio Municipal. 21 xaneiro 2023
VIGO. Auditorio AFundación. 28 de xaneiro 2023
NARÓN. Auditorio: 3 Febreiro 2023
MADRID. Festival de las Estrellas. 23 febreiro 2023
PONFERRADA. Teatro Bergidum. 15 abril 2023
Entradas á venta : https://www.ses.gal