Usuarios da Asociación AMARAI dan un concerto en Santiago de Compostela

Este venres 14 de outubro celébrase o proxecto MIP (Músicas Inclusivas e Participativas) no Auditorio do colexio La Salle de Santiago de Compostela, ás 19:30h

Este venres día 14 de outubro preséntase o proxecto MIP (Músicas Inlcusivas e Participativas) patrocinado pola convocatoria O Teu Xacobeo e creado polo Musicoterapeuta Robert Pier e a Asociación Cultural Tres por Cuatro, con 6 anos de traxectoria con colectivos de diversidade funcional de Galicia.

AMARAI (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide), xunto con outras tres entidades (CPAP Bergondo, Pai Menni e centro de recursos Melide), entre as que xuntarán máis de 70 artistas con diversidade funcional, darán o seu primeiro concerto público no Auditorio do colexio La Salle de Santiago de Compostela, ás 19:30 horas. A entrada será libre e gratuita ata completar aforo.

Estarán acompañados por unha excelente Big Band, baixo a dirección de Robert Pier nos que se reflexan na súa música, temas sociais, uso dos mantras, temas da natureza, uso das emocións, etc.

Teremos antes numerosas actividades culturais e participación de numerosos artistas de ámbito internacional e nacional co concerto de Rober Pier como cierre.

Máis info do proxecto MIP e do concerto

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.