Vilalba recibe este domingo o espectáculo “Canta con el grupo Cosquillas”, un tributo a “Cantajuegos”

O Concello de Vilalba anuncia o espectáculo infantil “Canta con el grupo Cosquillas”, un novo tributo musical a “Cantajuegos”, que se representará este domingo 23 de outubro ás 12:00 horas
O Auditorio Carmen Estévez acollerá esta representación, que busca ser un tributo a “Cantajuegos”, un dos grupos con maior traxectoria no eido da música infantil.
Vilalba recibirá ao grupo “Cosquillas”, quen naceu unindo a música infantil e a pedagoxía. O grupo realiza unha proposta divertida na que involucra aos nenos e nenas do público.
As entradas poden adquirirse en a un prezo de 10 euros máis gastos de xestión para o patio de butacas e 8 euros para o anfiteatro.