Voluntarias e voluntarios convocadas polo COBGA retiran máis de 28 quilos de lixo mariño de Praia América

A iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia

 

Praia América, no concello de Nigrán, foi o lugar elixido polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia para levar a cabo este xoves, en colaboración co mencionado concello, unha nova limpeza de lixo mariño no marco do proxecto “Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar”.

Foron máis de 67 as persoas que acompañaron ás colexiadas e colexiados do COBGA para tomar parte desta nova actuación de retirada de residuos nas praias e costas deste tramo do Camiño Portugués da Costa, entre as que estaban invitadas as peregrinas e peregrinos que realizan o Camiño, as voluntarias e voluntarios da asociación de dano cerebral Alento, as alumnas e alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez e contamos co apoio do Concello de Nigrán e en especial o do seu Alcalde D. Juan González Pérez.

Ao rematar a xornada, e tralas labores de clasificación e pesado coas que adoitan a concluir este tipo de actividades, foron máis de 28 os quilos lixos retirados deste fermoso areal, fundamentalmente obxectos plásticos, como envoltorios de chuches, bastoncillos dos oidos, cabichas e outra serie de obxectos de orixe continental, mentras que polo que respecta aos obxectos extraviados durante o exercicio das actividades económicas desenvolvidas no mar, os máis abondosos foron os anacos de cordas, cabos e cabiños, pequenas marañas de sedelas, os tarugos plásticos empregados nas bateas para o culvivo dos mexilóns e boias.

Entre os obxectos máis curiosos, e por citar tan só algúns: pelotas de tenis, unha bombillae unha sandalia.

A de hoxe foi a derradeira das limpezas levadas a cabo no seo deste proxecto promovido polo COBGA, e nas que se conseguiron retirar un total de 311 quilos de refugallos tralas catro actuacións desenvolvidas nos concellos de O Rosal, A Guarda, Baiona e Nigrán.

O obxectivo perseguido con todas estas actuacións de retirada de residuos, non é outro que fomentar a conservación do patrimonio natural do Camiño, e para elo, a finais deste mes de outubro realizarase unha obra artística final dirixida por Carme Hermo e Antón Sobral, destacadas persoalidades da arte contemporánea galega, na que empregarán diferentes obxectos recuperados nas limpezas, e que será exposta no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na cidade de Vigo, coa finalidade de servir de memoria viva na loita contra os lixos mariños e as súas nefastas consecuencias sobre o medio ambiente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.