Xuntanza reivindicativa contra as liñas eléctricas e os parques eólicos impostos contra a vontade da veciñanza

A Rede Galega por un Rural Vivo xúntase en Negreira para compartir resultados e experiencias na defensa das persoas afectadas por proxectos enerxéticos impostos e insostibles ambiental e socialmente

As entidades e persoas, que conforman A Rede Galega por un Rural Vivo compartirán o sábado 8 de outubro, unha xuntanza reivindicativa na que falaran de todo o camiño percorrido dende o inicio da rede, os éxitos acadados e os asuntos máis urxentes e importantes nos que traballar nos meses vindeiros.

O lugar elixido para a xuntanza reivindicativa é o Mirador Monte do Cotro de Eiras na parroquia de Santa Cruz de Campolongo no concello de Negreira. Unha comunidade rural moi afectada por liñas eléctricas e parques eólicos que leva anos tentando ser escoitada e respectada e que procura a defensa dos seus dereitos á saúde e a unha vida digna, ademáis do consentimento libre previo e informado.

A Rede Galega por un Rural Vivo sinala que expertos independentes e sen conflitos de interese como o Observatorio Eólico de Galiza ou o Consello da Cultura Galega teñen manifestado que as liñas eléctricas e os parques eólicos tal e como se están a proxectar e instalar na actualidade teñen efectos negativos sobre a vida, a saúde, a economía, o patrimonio cultural e natural das persoas que viven nas aldeas afectadas e na súa contorna e aínda toda a sociedade galega por exemplo pola degradación da paisaxe, do patrimonio e da biodiversidade.

A Rede Galega por un Rural Vivo destaca as tres sentenzas dos tribunais de xustiza, TSXG e TS , que indican o mal proceder do goberno da Xunta no sector eólico de Galiza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.