A AECC en Santiago organiza unha xornada gratuíta para informar sobre o cancro de próstata

O próximo mércores 23 de novembro a Asociación Española Contra o Cancro organiza unha xornada divulgativa sobre o cancro de próstata en Santiago de Compostela

O cancro de próstata é un dos máis diagnosticados, con preto dun milleiro de novos casos ao ano en Galicia, polo que iniciativas como estas son clave para facilitar recursos aos pacientes e mellorar a súa calidade de vida. O obxectivo da xornada é informar sobre a importancia da detección precoz e os coidados neste tipo de cancro, e está dirixida tanto a pacientes e familiares, como á poboación xeral. 

O encontro contará coa participación de diversos referentes médicos do Centro Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), que tratarán diferentes aspectos da enfermidade, como son o Dr. Antonio Gómez Caamaño, xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterápica, o Dr. Urbano Anido, oncólogo médico, e o Dr. Jorge Rey, urólogo. Pola súa parte, o psicólogo Marcos Calvo, da Asociación Española Contra o Cancro na cidade compostelá, tratará aspectos comunicativos e emocionais que son habituais á hora de enfrontarse a un diagnóstico. Ademais, moderará a sesión María José Menor, subdirectora de Humanización e Atención ao cidadán do CHUS.

A cita terá lugar o próximo mércores 23 de novembro, ás 17:00 horas na Fundación ABANCA (Praza de Cervantes). Trátase dunha actividade gratuíta, na que é necesaria inscrición previa que pode realizarse na Asociación Española Contra o Cancro en Santiago (981 576 479 ou santiago.compostela@contraelcancer.es), así como no Servizo de Oncoloxía Radioterápica do CHUS (Planta -3).

A actividade conta co patrocinio de Janssen e a colaboración da Fundación ABANCA. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.