A Asociación AMARAI celebra o seu XXV Aniversario

A Asociación AMARAI (Asociación de Persoas con Discapacidade de Arzúa e Terra de Melide) celebra o XXV Aniversario. AMARAI leva vintecinco anos traballando a prol da inclusión social e co fin de facilitarlle ás persoas con diversidade funcional un acceso aos servicios que lle permitan acadar o seu desenvolvemento integral e afianzar a súa participación activa na comunidade.
Co gallo desta celebración, o Centro de Recursos de dita Asociación, sito en Boimorto, inaugura un mural inclusivo realizado polo artista Mon Devane. Nel plásmase o que é AMARAI e o seu papel na sociedade dende un ámbito rural onde desenvolve a súa actividade.
O mural amosa distintas pezas que representan ás persoas con discapacidade na sociedade. As pezas a cor serían as persoas que xa están somerxidas na sociedade e encaixan perfectamente. As mans que colocan ditas pezas serían asociacións como AMARAI que xeneran ese apoio e eses recursos necesarios para facilitar esa inclusión.
Alén deste gran cambio no Centro de Recursos AMARAI, e facendo coincidir co Día Internacional da Discapacidade, o próximo venres día 2 de decembro do 2022 celebramos o XXV Aniversario no Auditorio Casa da Cultura de Melide a partir das 18h cun acto composto por distintas actividades e representacións que se irán desvelando chegado o día. Nel contaremos coa compañía dos socios, familiares e compañeiros do movemento asociativo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.