A Asociación de veciños ‘Os nosos lares’ de Palavea convoca o III certamen de relato breve “A Erbeda”

 Este premio aspira a darlle continuidade o obxectivo inicial que motivou as anteriores edicións, é dicir, fomentar o interese pola creación literaria e a lectura, tanto en adultos coma nun público infantil e xuvenil, recuperando, asemade, a conexión entre o barrio e o topónimo literario creado por Emilia Pardo Bazán para referirse a Palavea

É este nome, A Erbeda, o que designa o certame que, conectando coa traxectoria da escritora coruñesa, se centra nun xénero concreto da súa obra: o relato breve. Desta forma, esta proposta de certame quere ser un humilde estímulo á creatividade literaria, á lectura e á cultura do libro e a literatura. Ao mesmo tempo é un recoñecemento da dimensión literaria do barrio, que serve tamén como unha posta en valor cultural do mesmo, tanto polos veciños como para o resto dos coruñeses.

Esta terceira edición da continuidade a modificación nas categorías dos participantes para unha mellor definición (idades que se presentan ao certame co fin de establecer propiamente tanto unha categoría infantil (categoría A) como xuvenil (categoría B) co fin de dar maiores posibilidades a distintas idades e fomentar a súa participación e a incorporación dunha terceira libraría da nosa cidade ao certame, que suón que o montante do premio siga manténdose.

Así pois, concederase un premio por cada categoría:

Categoría A. Un lote de libros da libraría Moito Conto por valor de 120 euros e unha escolma de publicacións da Real Academia Galega.

Categoría B. Un lote de libros da libraría Xiada por valor de 120 euros e unha escolma de publicacións da Real Academia Galega.

Categoría C. Un lote de libros da libraría Formatos por valor de 120 euros e unha escolma de publicacións da Real Academia Galega.

O prazo para participar no certame permanecerá aberto das 00:00 horas do 18 de novembro ás 23:59 horas do 23 de decembro.

O xurado estará formado por 4 membros: José Manuel Pampín, Mercedes Sierra Fernández- Victorio, e por parte da asociación “Os nosos lares”, Álvaro B. Pérez Sancho, vicepresidente e socio organizador do certame, e Ana Santomé Estévez, tamén en calidade de secretaria do xurado. O xurado poderá conceder mencións especiais ou declarar deserto calquera dos premios. A decisión do xurado será inapelable.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.