A Deputación de Lugo impulsa unha degustación de tenreira na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

A Deputada  Mayra García Bermúdez, participou este sábado xunto ao Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, na II Xornada de Degustación da Tenreira Galega que se celebrou na localidade organizada polo ANPA do CPI Cervantes, a cooperativa A Carqueixa e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ancares, coa colaboración económica da institución provincial a través da liña de axudas de concorrencia competitiva que convocou para impulsar a actividade dos colectivos que traballan na Reservas da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño.

Durante a xornada, que naceu co obxectivo de promocionar a calidade dos produtos de proximidade e favorecer a actividade socioeconómica no rural, repartíronse 300 racións de tenreira cociñadas en tres elaboracións. A actividade complementouse coa celebración da X Feira de Artesanía, obradoiros, mostras e diferentes actuacións que se celebraron no polideportivo do colexio de San Román.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.