A Feira do Capón de Vilalba será presentada este próximo domingo

O Concello de Vilalba e a Asociación de Criadores presentan este domingo día 27, ás 12.15 horas, a Feira do Capón 2022 no Parador da vila

A tradicional Feira do Capón de Vilalba regresou o ano pasado tralo parón obrigado de 2020 pola pandemia, pero será o próximo mércores 21 de decembro cando se celebre xa sen ningún tipo de restrición.

No acto de presentación da Feira darase a coñecer o programa de actos deste día e proxectarase un breve documental gravado pola TIC (Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación da Deputación de Lugo).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.