A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración en Burela o día 30 de novembro na defensa de Atención Primaria

Será ás 12 horas diante do Centro de Saúde e simultáneamente farase una recollida se sinaturas

A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca una concentración diante do Centro de Saúde de Burela  o próximo mércores 30 de novembro en defensa da Atención Primaria . De xeito simultáneo colocarase tamén una mesa para recollida de sinaturas en apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.

A concentración e recollida de sinaturas responden a una convocatoria en todo o país organizada desde SOS Sanidade Pública, do que este colectivo forma parte e responde á necesidade de que dunha vez por todas o goberno da Xunta comece a asumir as súas responsabilidades e competencias , abordando o problema do desmantelamento da Atención Primaria e poñendo solucións ben planificadas e se deixe de poner parches que non  resolven a situación . A iniciativa lexislativa popular, que recolle medidas tan importantes como  o remate da precariedade e inestabilidade do persoal ,a reapertura de consultas pechadas, o aumento de persoal de todas as categorías para garantir una atención de calidade ou a recuperación da xerencias de Atención Primaria, precisa da recollida de dez mil sinaturas para poder ser debatida no Parlamento.

Desde a Plataforma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños a que acudan á concentración , na que demandaremos cobertura de médic@s de familia, enfermeir@s  e especialmente que cubran axeitadamente o servizo de pediatría, que nestes momentos conta cun só un pediatra tres días á semana durante catro horas , co que a atención pediátrica do centro de Saúde de Burela limítase a doce horas semanais .”A presión social  é a única linguaxe que entende o goberno da Xunta, por iso temos que encher as rúas dun berro unánime en demanda dunha sanidade pública de calidade , equitativa , gratuíta, de proximidade e digna”- conclúen desde o colectivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.