A Pobra do Brollón destitúe a Franco como “alcalde honorario perpetuo”

No pleno celebrado onte tamén se acordou dar o nome do alcalde represaliado Antonio Reboiro Rodríguez á biblioteca municipal

Un pleno extraordinario celebrado na tarde de onte venres 18 de novembro acordou retirar o título de ‘alcalde honorario perpetuo’ da Pobra do Brollón ao ditador Francisco Franco.

“Parécenos intolerable que aínda a día de hoxe queden títulos deste tipo para un xenocida, un asasino e un ditadorque o único que fixo foi represaliar e asasinar a aqueles que non pensaban coma el,” declarou o alcalde Xosé Lois Maceda no acto.

A decisión tomouse por unanimidade coa ausencia dos concelleiros dos grupos da oposición, e o salón de plenos cheo de veciños que quixeron estar presentes no acto.

Entre eles, algúns familiares do alcalde asasinado Antonio Reboiro Rodríguez, incluído o seu neto, Rafael Castillo Reboiro. Foi el quen solicitou o recoñecemento persoal do Goberno estatal para o seu avó como vítima do franquismo, diploma que Rafael quixo entregarlle ao Concello no Pleno.

Antonio Reboiro, membro do Partido Agrario Radical Galego, foi alcalde democrático da Pobra do Brollón en 1936, asasinado en 1938 pola represión franquista. Como parte do recoñecemento á súa persoa, aprobouse no Pleno a proposta presentada por Rafael Castillo de darlle o seu nome á Biblioteca municipal, da que Antonio Reboiro foi impulsor.

Rafael Castillo amosouse moi emocionado no Pleno coa decisión. “Se non defendemos a memoria histórica, impoñerannos a súa” dixo en referencia ao auxe da estrema dereita e de discursos lexitimadores do franquismo.

“Hoxe é un día de reparación, de recoñecemento, para aqueles que defenderon a democracia e que loitaron polos dereitos. É un día no que se fai xustiza e que sirve para pechar as cicatrices e mellorar a convivencia e a democracia deste país,” afirmou Maceda no acto, que rematou cunha ovación de todos os presentes.

Un comentario

  • julio Asorey

    Seria «noticiable» que quien lo nombró o sus conocidos,en Pobra do Brollón contasen el dinero que han pagado para nombrarlo( si hubo que hacerlo por el «método» acostumbrado de la época).

    Hubo en Ayuntamientos «no Franquistas»,que tras su muerte,algunos escribieron que la «Medalla de Oro» le había sido concedida a Franco pero antes de tal concesión, «sus huestes» pasaron por allí para ordenar e indicar el modo y forma de concederla (recaudación municipal incluída para la compra en la joyeria de la Capital de Provincia y «caja adiccional» para el adicto al Régimen de turno) lo cual ,fué una novedad para quienes lo desconocíamos .
    No doy nombres por que prefiero que sean ellos quienes lo hagan.(Son pocos los que quedan vivos y pueden contarlo) .
    Me da igual que «pongan o quiten» honores de este tipo a nadie muerto.

    Lo que no me da igual ,es ver conceder «Medalla de Oro» de Galicia a algunos ,sin contar con todos los gallegos para «otorgar tal honor» por ser claramente «inmerecido» por muchos de ellos!.

    Las hemerotécas está ahí ,para bien o para mal y estos detalles , buenos o malos : en «nada cambian la Historia»

    Tras casi 50 años de su muerte ,a nadie le importa, ni recuerda el «evento»,fuera de aquel lugar .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.