A Vicepresidencia da Deputación proxecta un documental sobre o 20 aniversario do afundimento do Prestige nos catro museos da Rede Provincial

Os pases serán o sábado, no Museo de Lugo, e  o domingo, no Museo de San Cibrao, en San Paio de Narla e  no Pazo e Tor

A Rede Museística Provincial acollerá o venres e sábado proxeccións do documental “Alegría”, sobre o vixésmo aniversario do desastre ecolóxico provocado polo afundimento do Prestige.

O audiovisual, dirixido por Luis Otero e Rocío Romero e producido por Ecoloxistas en Acción Galiza,  sinala as causas que desencadearon a maior marea negra da costa galega e lembra o traballo das persoas voluntarias que se enfrontaron ao chapapote e a mobilización da sociedade galega arredor da plataforma “Nunca máis”. Advirte tamén da necesidade de mellorar os medios operativos e a vixilancia sobre os buques que se achegan ao litoral galego. Os pases serán con entrada libre e gratuíta, ata completar aforo.

Con estas proxeccións, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo súmase ás actividades programadas  nos últimos días en toda Galiza para rememorar unha data que puxo en evidencia a fraxilidade do litoral galego  e xenerou un movemento cívico sen precedentes.

Proxeccións

Museo de Lugo

Sábado, 19 de novembro I 17:00 horas

Museo do Mar de San Cibrao (Cervo)

Domingo,  20 de novembro I 11:30 horas

Museo de San Paio de Narla  (Friol)

Domingo,  20 de novembro I 11:30 horas

Museo Pazo de Tor (Monforte)

Domingo,  20 de novembro I 11:30 horas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.