A Xunta apoia a ‘X Ruta 4×4 da comarca de Sarria’, que se celebrará esta fin de semana

A Xunta de Galicia apoia a décima edición da Ruta 4×4 da Comarca de Sarria cunha achega económica para a cartelaría e outras necesidades de organización, segundo lles confirmou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, aos representantes da Asociación Os Carro por Catro, promotores da proba.
A ruta celebrarase esta fin de semana e discorrerá polos municipios de Sarria, Samos, O Incio e A Pobra de Brollón. As 120 prazas para vehículos están cubertas, e practicamente tamén as dos quads -quedan 7 de 120-; igualmente, inscribíronse 110 motos e 51 buggies, se ben aínda hai prazas dispoñibles en ambas categorías.
Ademais da ruta turística que centrará a xornada do sábado, destacan a saída nocturna polos arredores de Sarria, o venres a noite, e as probas de habilidade no polígono de Morelle, o domingo pola mañá. As inscricións e os detalles da programación están dispoñibles na páxina web da proba.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.