A Xunta reúne a expertos no ámbito da infancia para tratar estratexias fronte situacións de abusos sexuais

Ao redor dun centenar de profesionais do eido social, educativo, xurídico ou sanitario déronse cita neste encontro formativo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe o II Foro Xuntos fronte aos abusos, un encontro dirixido a profesionais que traballan directamente coa infancia desde calquera eido: social, educativo, xurídico ou sanitario. Jacobo Rey destacou a importancia que ten a formación e dar unha resposta integral para axudar aos nenos e adolescentes vítimas desta situación.

Unha decena de expertos na materia compartiron os seus coñecementos cos ao redor de cen profesionais que se deron cita neste foro, que tivo lugar no auditorio do edificio Fontán da Cidade da Cultura. Algúns destes expertos foron Vicki Bernadet, fundadora dunha fundación que leva o seu nome que se dedica a unha atención integral e a sensibilización sobre os abusos sexuais infantís; as psicólogas Idoya Jarabo e Inma Araujo, integrantes do programa Alborada; ou Arun Mansukhani, director do Centro de Regulación Emocional de Málaga.

Ao longo da mañá abordáronse cuestións como as estratexias actuais para o tratamento do abuso sexual infantil, os dereitos do menor e a intervención no procedemento xudicial, adolescentes vítimas e agresores sexuais, as consecuencias na idade adulta, os trastornos alimentarios como estrutura de protección ante o abuso sexual ou a importancia da valoración pediátrica nos casos de violencia sexual cara á infancia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.