ACiP: “Un outono máis o Concello de Ponteareas mantén os aparcadoiros intransitables polos centos de socabóns”

“Existe unha falta total de planificación por parte do goberno municipal, que a pesar de que isto sucede cada ano, agardan as nosas críticas para arranxalo”
“Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas queremos denunciar a situación catastrófica na que se atopan todos os aparcadoiros públicos da cidade nestes días. Achegándonos a calquera deles atopamos a mesma estampa, centos de socabóns que fan imposible transitar na búsqueda dun estacionamento baleiro, algúns deles incluso contan cunha magnitude que poderían danar a suspensión ou os baixos dos coches” denuncian dende ACiP.
“Un ano máis o equipo de goberno fai gala dunha nula planificación e unha inexistente comunicación que acaba xerando que, ante a imperante chegada das choivas posteriores o verán, todos estes buracos aparcadoiros non fosen reparados en tempo e forma” aseguran.
“Nestes intres, tras os centos de prazas de estacionamento que BNG e PSOE fulminaron nos 8 anos de goberno, os ponteareáns e os visitantes vense obrigados a deixar os seus vehículos nestes aparcadoiros. Ademais de trasmitir unha imaxe desastrosa da nosa cidade, pode provocar que os habitantes da contorna prefiran desprazarse a outros núcleos urbanos, causando un prexuízo letal o noso comercio”.
O portavoz, Juan Carlos González Carrera, cuestiona a xestión da alcaldesa ao preguntarse, «en que situación se encontra a construción dun verdadeiro aparcamento público?», xa que «no PXOM que aprobaron, e ao que ACiP se opuxo, non existe un só espazo para realizar unha infraestrutura destas características». Engade Carrera que «os actuais aparcamentos, pertencen a propietarios privados, que en calquera momento poden desexar facer uso dese espazo, sendo un problema de gran envergadura para o actual goberno e os sucesorios».
“Como ven sendo habitual, este goberno non se move ata que ACiP realiza unha crítica pública, co cal agardamos que despois deste comunicado, acometan o arranxo inmediato de todos os aparcadoiros” rematan.