Anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran os mellores tempos de espera do Sistema Nacional de Saúde

Así o reflicten os datos publicados no derradeiro informe do Ministerio de Sanidade sobre a situación das listas de espera no Sistema Nacional de Salud a 30 de xuño de 2022

O Servizo Galego de Saúde destácase como o mellor sistema sanitario de España no que atinxe ás listas de espera na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular.

Segundo os datos publicados no derradeiro informe do Ministerio de Sanidade sobre a situación das listas de espera no Sistema Nacional de Salud a 30 de xuño de 2022, a especialidade cirúrxica de Anxioloxía e Cirurxía Vascular rexistra unha espera media de 53 días, moi por debaixo das restantes comunidades autónomas, 16 días menos de espera que a comunidade de Navarra, que é a segunda, 23 días menos que a terceira, que é Baleares, e 277 días menos que a comunidade con máis demora.

Así mesmo, en Cirurxía Maxilofacial, Galicia ocupa o segundo mellor dato, con 65 días de espera media, tan so detrás do País Vasco, con 50 días, e 128 días menos que a comunidade con máis demora.

Ademais, de acordo coa información sobre listas de espera, o sistema sanitario público galego sitúase como o cuarto con mellores tempos de espera media para acceder a unha intervención cirúrxica, dentro do Sistema Nacional de Saúde.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo realizado polos profesionais do Servizo Galego de Saúde e lembra que estes datos reflicten o esforzo realizado durante todo o ano polos equipos de profesionais de quirófano, cirurxiáns, persoal de enfermaría e celadores, entre outros. A Consellería de Sanidade segue a traballar na procura de acadar os datos de lista de espera históricos do ano 2019.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.