Calvo Basket Xiria recibe al Solgaleo Bosco Ourense en una nueva jornada de Liga EBA

Sexta xornada da Liga EBA na que o Calvo Basket Xiria recibe ó conxunto ourensán do Solgaleo Bosco, ao que se enfrontará no Pavillón Vila de Noia ás 17h de hoxe

Como de costume, este Sábado 12 ás 17h, no Pavillón Vila de Noia, o CALVO BASKET XIRIA, recibe ó SOLGALEO BOSCO SALESIANOS, nun partidos importante e transcendente na Liga EBA. Un Bosco Salesianos que marcha por encima na táboa clasificatoria, cun encontro máis gañado e si o noso equipo o supera ó final do partido, asentarase na zona media da clasificación con 3 vitorias.

Logo da semana de adestramentos, contando xa Héctor Méndez con todo o equipo, están a preparar o encontro con moitas gañas e ilusión, para desmontar os siareiros, que non só saben competir a un bo nivel contra o equipos que mandan na clasificación (coma con Chantada e Porriño), senón que tamén saben gañar partidos, e os da casa é unha necesidade primordial.

O equipo rival do SOLGALEO BOSCO SALESIANOS, neste seu segundo ano en Liga EBA, conta cun equipo moi conxuntado, onde destacan os escolta Manuel Varela (18 ptos+5 reb en 33min´), Gabriel Preotu (13 ptos+4 reb en 30min´), o alero marfileño Teti YvEs Henry Tape (9 ptos+7 reb en 22min´) e o ala-pivot Marcos Villaba (13 ptos+9 reb en 27min), entre os seus mellores expoñentes, polo que os xogadores do CALVO BASKET XIRIA, deberán estar concentrados ó 100% en defensa e realizando os mellores ataques posibles, despregando as súas mellores armas e xogo colectivo de ataque.

Aproveitando que os equipos MINIBASKET de Xiria descansan nas súas competicións, xogarán un “partidillo” de exibición nos tempos mortos e descanso do partido, á vez que animando e desfrutando vendo ós “maiores”. Tamén dende o Club levarán a cabo varios sorteos entre os afeccionados, a través da venta de rifas e xa teremos en taquilla dispoñible a Lotería de Nadal de Basket Xiria.

6ª XORNADA – Liga EBA

💚 CALVO BASKET XIRIA 🆚  SOLGALEO BOSCO SALESIANOS

📆 SABADO 12 Novembro | ⏰ 17h

📍 PAVILLÓN VILA de NOIA · CARBALLO

🎟️ TAQUILLA:  http://app.cluber.es/p/escolabxiria

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.