“Castelao, primeiro presidente de Galicia” Por Francisco López “Chesqui”

Francisco López “Chesqui”, e Secretario Xeral do Partido Galeguista, e membro fundador das Fundacións Castelao e Alexandro Bóveda

Fai 78 anos, un 15 de Novembro de 1944, na cidade de Montevideo (Uruguai), e días despois, o 8 de Decembro, na cidade de Bos Aires (Arxentina), os deputados galegos exiliados en Sudamérica, e que foran elexidos nas derradeiras eleccións a cortes celebradas no ano 1936 na II República: Antón Alonso Rios (Partido Galeguista), Elpidio Villaverde (Izquierda Republicana), Ramón Suarez Picallo (Partido Galeguista) e Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Partido Galeguista), máis tarde incorporaríase o tamén deputado Alfredo Somoza (Izquierda Republicana); fundaron e constituiron formalmente o denominado Consello de Galicia, nomeando a Castelao como o seu presidente. O que motivou a creación do Consello de Galicia e a elección de Castelao como o seu presidente, foi a necesidade de dotar a Galicia dun organo político que agrupara aos distintos deputados de Galicia no exilio americano para poder representar con unha sóa vóz a Nosa Terra diante das distintas entidades e organismos da República, para defender os nosos intereses naqueles asuntos ou cuestións que nos pudieran afectar como pobo…”para poder cumplir, manter e defender a vontade do pobo galego (…) O Consello comeza a funcionar como un fideicomisariato, baixo a responsabilidade dos catro deputados que suscriben este documento, asistidos por un extenso núcleo de emigrantes galegos, neste lugar de América que ben pode considerarse como a metrópole ideal dunha Galicia libre (…) Conferir a presidencia do Consello de Galicia a Alfonso Rodríguez Castelao, que queda autorizado dende este intre para levar as negociacións de alianza (Galeusca) cos presidentes de Euskadi e Catalunya (José Antonio Aguirre e Josep Irla e Bosch respectivamente)
A lexitimidade indiscutible na que se basaba e avalaba o Consello de Galicia, era o resultado da aprobación do plebiscito estatutario celebrado o 28 de Xuño de 1936, no que de un censo de 1.343.135 electores. Votaron a favor do estatuto 993.351, en contra 6.161, e en blanco 1.451
Teñen transcurrido 78 anos dende aquel feito histórico da constitución do Consello de Galicia. Teñen transcurrido 72 anos, o 7 de Xaneiro de 1950, dende a morte de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao na habitación 202 do Centro Galego de Bos Aires. Pasou tempo dabondo destes dous feitos, e vai sendo hora xá de que os galegos e galegas de boa vontade lle fagamos xustiza á figura do galego mais universal, á persoa que loitou ata o seu pasamento polo recoñecemento de Galicia como un pobo con identidade propia no concerto dos pobos da Peninsula Ibérica, de Europa e do Mundo. É hora xa de que recoñezamos a Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, como o que foi: O primeiro presidente de Galicia. Así o levan demandando as entidades da emigración Alén do Mar, e así o debemos demandar tamén as entidades da Galicia Territorial.
!Saúde e Terra!

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *